Imprimir

ESTE DOMINGO TERÁ LUGAR O TRADICIONAL ITINERARIO DE MULLERES


28/3/2008 Está organizado pola Concellería de Muller e enmarcado no Centenario do Día Internacional

A Concellería de Muller que dirixe Carmen Basadre, organiza un ano máis o tradicional Itinerario de Mulleres, este ano enmarcado nos actos conmemorativos do Centenario do Día Internacional da Muller.

Este ano a Concelleira xa anunciou que porá en marcha actos relacionados coa muller e os seus dereitos ao longo de todo o ano.

Como ven sendo habitual todas as mulleres e homes que o desexen poderán participar partindo dende o Parque Rosalía de Castro ás 12:00 horas e rematando no Museo Provincial despois de percorrer diversas prazas e rúas.

As rúas que se percorren son: a Avenida de García Portela (Enriqueta Otero), Praza da Constitución (Concepción Arenal), Catedral (Santa Froila), Paseo de Dona Urraca (Dona Urraca) e Rúa Nova (Prudencia Grifell)...

O percorrido está previsto que remate cunha visita ao Museo Provincial.