Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo edita unha nova guía de transporte urbano


# Luns, 31/03/2008
Repartiránse 10.000 exemplares nos centros sociais municipais, na Universidade, na Oficina de Turismo e en outras dependencias municipais

O Concelleiro de Transportes, José Rábade, presentou hoxe unha nova guía dos horarios e percorrido dos autobuses urbanos de Lugo.

A guía presenta unha relación das liñas nas que se sitúan as horas de saída e frecuencia dos autobuses. A principal novidade deste volumen é que inclúe toda a rede urbana de transporte público cos percorridos de cada unha das líñas de autobuses sobre un mapa da cidade, co que se consigue unha maior claridade do seu percorrido.

O Concelleiro explicou que “se van a repartir un total de 10.000 exemplares nos centros sociais municipais, nas facultades do campus, na Oficina Municipal de Turismo e en diferentes edificios municipais”.

Rábade explicou que se presentan cambios en catro liñas da rede municipal de transporte, cambios que se realizarán con máis profundidade unha vez aprobado o plan de mobilidade. Na liña 9A suprimiuse a súa entrada no centro histórico “porque so ten unha media de 0,03 viaxeiros que usan esa liña para chegar ao centro e evitar así os posibles retrasos”. A liña 6 e a 6A cámbiase o itinerario “para que os veciños de A Cheda suban ao o bus cando vai cara o centro da cidade e non ter que perder tempo dando a volta polo Recinto Feiral”.

Outra modificación ten lugar na liña 1 na rúa Milagrosa entre Camiño Real e a rúa Santo Graal xa que a parada actual, oposta ao número 1 de Sato Graal, entorpece o tráfico. Ademáis neste tramo reorganízase o percorrido pasando pola rúa das Fontes e a rúa Poeta Manuel María.

O Concelleiro tamén anunciou a creación dunha nova liña para os sábados pola tarde, a liña 9E, para cumprir coas necesidades da zona do parque do CEAO e ampliar as frecuencias dos buses no Centro Comercial de Infanta Elena.

Por outra banda, o Concelleiro de Transportes, destacou que nos primeiros meses do ano incrementouse en case 6.000 os usuarios dos autobuses urbanos en comparación co 2007. Ademáis lembrou que o servizo de transporte de Lugo é o máis barato de Galicia e dos máis modernos e menos contaminantes, xa que o 40% da flota de autobuses utiliza biodiésel como combustible.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova