Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía e Emprego recibe no Concello ao equipo de futbol sala xaponés Human Falco


# Martes, 01/04/2008


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu na Casa do Concello, ao equipo de futbol sala xaponés Human Falco. Méndez deulles a benvida á cidade e animoulles a disfrutar dos monumentos, gastronomía e ambiente de Lugo.

O equipo está na cidade para captar e aprender métodos deportivos de adestramento, así como para coñecer e asimilar os sistemas de xestión, de organización e de estructura do equipo lucense Azkar. O equipo oriental estase a interesar especialmente polo funcionamento da escola de fútbol sala do conxunto lucense.

Un xogador de categoría xuvenil de Human Falco pasará un mes convivindo cos xogadores e equipos do Azkar para coñecer o entrenamento técnico, as tácticas e preparación física dos lucenses.

Sonia Méndez entregoulle ao entrenador do equipo Okawa Carlos Choiti unha medalla da cidade e un libro que conta as oríxes de Lugo. Todos xogadores recibiron como recordo da súa visita un pin da mosqueira da Muralla.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova