Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O 12 de abril comeza unha nova edición do festival de música do Corpus


# Martes, 01/04/2008
Un total de 18 concertos gratuítos constitúen un programa completo e de calidade que posiciona ao festival lucense como un referente da música clásica nacional

O Concello de Lugo arrincará no mes de abril unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVI Semana do Corpus. O que xa está considerado como o mellor festival de música clásica de Galicia e que conta cun enorme recoñecemento a nivel nacional, foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o Director do Festival, Víctor Carou, e o representante da entidade colaborada Caixa Galicia, Sinesio Pérez.

Esta edición do festival, arrica o sábado 12 de abril co concerto da Real Filharmonía de Galicia, ás 20:30 horas no Círculo das Artes. Contará cun total de 18 concertos de diferentes estilos musicais nos que estarán en Lugo as grandes estrelas do panorama lírico mundial.

Novamente, haberá diferentes secciones nas que se agruparán os concertos. Así, haberá un espacio dedicado á ópera barroca destacando a ópera sacra de Vivaldi Juditha Triumphans no Círculo das Artes o venres 16 de maio ás 20:30 horas, o 5 de maio a soprano alemana Simone Kermes interpretará varias árias de ópera de Porpora, Vivaldi o Hasse. O xoves 29 de maio Manuela Custer e José Manuel Zapata interpretarán a dúo diferentes pezas de Rossini e Donizetti.

Destaca no programa a presencia de dous pianistas de excepción Joanna Macgregor que interpretará na primeira parte da súa actuación preludios de Bach e Shostakovich e nunha segunda parte melodías máis actuais. Ademáis, o xoves 22 de maio actuará no Círculo das Artes o pianista estonio Mikhel Poll.

Volven este ano tamén os concertos en familia, nesta ocasión con "A historia do soldado”, “A historia do violín e o seu misterio e “O paxaro de lume”.

Este completo programa de concertos desenvolverase ata o 4 de xuño no que o Coro da Universidade de Santiago Capela Compostelana, dirixida por Miro Moreira, clausurará esta nova edición do festival.

Ao longo do programa utilizaranse catro espazos para a promoción: o Círculo das Artes, a Fundación Caixa Galicia, a Igrexa de San Pedro e o Conservatorio de Música. Como en anos anteriores, todos os concertos serán de libre acceso e gratuítos.

A Concelleira indicou que “cada ano melloramos a calidade e a cantidade dos concertos do festival, obtendo unha ampla variedade en xéneros e autores”. Resaltou que “se conseguiu poñer o festival entre os mellores do noroeste de España, tendo presenza na prensa especializada con moi boas críticas”.

Concepción Burgo destacou que o festival é unha forte aposta do Goberno Local, incidindo sobretodo nos concertos para nenos "cos que se tenta captar aos máis pequenos no coñecemento da música clásica porque é a idade na que se ten que cultivar este tipo de inquietudes, porque a música clásica canto máis a escoitas máis te gusta", dixo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova