Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

50 rapaces participaron na I Xornada de portas abertas da festividade da patrona da Policía Local


# Mércores, 02/04/2008
Os actos de celebración completáronse coa recepción de autoridades na Casa do Concello e a misa na Catedral

O Concello de Lugo celebrou hoxe a festividade da patrona da Policía Local, a Virxe dos Ollos Grandes cunha programación que variou respecto a anos pasados.

As 11:30 horas houbo a tradicional recepción de autoridades no Concello que continuou cunha Misa na Catedral, concretamente na capela do Bon Xesús. Posteriormente as autoridades fixeron unha ofrenda floral en honor da Virxe e convidouse aos asistentes a un viño galego no Círculo das Artes.

Trátase da celebración da XVII edición desta festividade que este ano contou, como novidade, coa xornada de portas abertas como síntoma de modernización deste corpo que a partir de agora será habitual na festividade. O obxectivo é dar a coñecer entre os alumnos dos colexios da cidade o sistema de traballo e as funcións da Policía Local.

Na I Xornada de Portas abertas participaron 50 alumnos do Colexio Rosalía de Castro con 50 alumnos, xa que alí estuda o Concelleiro da Área de Protección da Comunidade do goberno infantil da nosa cidade.

Os rapaces e rapazas participaron nun paseo polas dependencias da Policía cun axente que lles explicou cómo funciona e cómo é a Policía Local. Ensinoulles os vehículos e os distintos recursos que empregan para facer o seu traballo.

Houbo tamén unha explicación con materiais interactivos. Os agentes déronlle aos máis cativos unhas normas básicas de uso da bicicleta e cómo ser un peón responsable. Os participantes na visita recibiron como agasallo unha mochila cun chaleco reflectante e unha guía que recolle recomendacións da circulación en bicicleta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova