Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Emprego presenta o Proxecto Parque nun Congreso nacional


# Xoves, 03/04/2008
Será os días 3 e 4 de abril en Zaragoza

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presenta este venres o Proxecto Parque dentro do IV Congreso Nacional de Áreas Empresariais que este ano se celebra en Zaragoza.

Neste evento de gran trascendencia en España, participan ademais o Presidente do Goberno de Aragón, a Ministra de Vivenda, o Delegado do Goberno en Aragón, o Alcalde de Zaragoza, o Presidente da FEMP e numerosas autoridades relacionadas co Comercio.

O relatorio da responsable municipal lucense está enmarcado na xornada Que se pode facer para dinamizar os parques empresariais?.

O Congreso está organizado pola Coordinadora Española de Polígonos Empresariais (CEPE), a Asociación de Industriais (AIC) e por Logis, polígonos empresariais.

Para este Congreso, cualificado como un Evento neutro en CO2, a CEPE decidiu voluntariamente contabilizar as emisións ocasionadas no seu transcurso e compensalo a través de alternativas como a compra de dereitos de emisión ou investindo en proxectos que reduzan o CO2 presente na atmósfera.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova