Cargando....
Concello de Lugo
15/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O tratamento e a prevención centran a segunda xornada do Foro Internacional contra as drogas da CICAD


# Xoves, 03/04/2008
O Alcalde de Lugo asiste como representante da cidade no Comité Executivo deste órgano da OEA

A segunda xornada do Foro Interrexional de Cidades en Políticas Públicas e Tratamento de Drogas no que participa o Concello de Lugo, centrarase nas diferentes opcións de tratamento aplicables ás drogodependencias.

O primeiro relatorio comezará ás 8:30 cunha conferencia maxistral sobre a Filosofía do Tratamento e continuará cun desenvolvemento das diferentes estratexias a seguir.

Ás 10:30 está prevista unha reunión cos Alcaldes de todas as cidades presentes no Congreso, entre os que estará o mandatario lucense, José López Orozco. Nesta xuntanza na que tamén haberá responsables do eido sanitario, xuíces e fiscais e ONGs, trataranse as posibles alternativas ao encarcelamento, o papel das ONGs no tratamento de drogas e os protocolos de tratamento en caso de enfermidades asociadas ao uso e consumo de drogas.

Pola tarde, as mesas de traballo comezarán ás 14:00 horas cunha serie de debates relacionados coas experiencias e boas prácticas na área de alternativas ao encarcelamento e o tratamento nos cárceres. Haberá unha mesa redonda sobre os grupos de alto risco: inmigrantes, atendendo ao xénero ou á idade, etc, e outra mesa sobre o tratamento do VIH/SIDA.

Ás 16:00 horas continuarán ás mesas de traballo con paneis de discusión relacionado coa Formación no Tratamento de drogas, os pasos a dar dende o tratamento ata a rehabilitación do enfermo e a análise das distintas propostas e retos innovadores para o coidado.

O programa de traballo rematará ás 21:00 horas cunha recepción a todos os asistentes.

Este I Foro internacional no que participan máis de 250 expertos de todo o mundo, remata o venres 4 de abril ás 21:00 horas.

O Concello de Lugo forma parte do Comité Executivo xunto a Edimburgo, Göteborg, Santo Domingo e Montevideo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova