Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O centro de Lugo acollerá unha carreira de motos clásicas no mes de maio


# Xoves, 03/04/2008
A proba está organizada pola Concellería de Deportes e o moto club Kastri Racing

A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e o moto club Kastri Racing celebrarán o próximo 17 e 18 de maio a carreira de motos Clásicas Muralla Memorial Juan Manuel López Mella, en homenaxe ao piloto lucense.O circuíto urbano está especialmente deseñado para o goce do público e con todas as medidas de seguridade para os pilotos e afeccionados.

As motos admitidas para esta proba son as seguintes:
- Categoría 2T. Motocicletas de competición monociíndricas ata 250 c.c.
- Categoría 4T. Motocicletas de competición ata 500 c.c.
- Deberán estar fabricadas entre os anos 1,945 e 1,971. Non poderán ser de orixe xaponesa.

A idade mínima dos pilotos para poder competir será de 32 anos.

O percorrido
Noutrora as carreiras eran ao redor da Muralla, pero nesta ocasión o trazado deseñado colle unha parte da Ronda de Muralla e unha parte do centro da cidade.

Os pilotos participantes sairán da Ronda da Muralla, á beira do edificio multiusos da Xunta de Galicia, para seguir pola Rúa do Teatro, Santo Domingo, Rúa San Marcos, Bolaño Ribadeneira, Montevideo, ao fondo desta rúa será un dos puntos fortes deste circuíto xa que se chega a unha forte freada onde os pilotos dirixiranse cara á Rolda da Muralla en sentido contrario e encarar a Rúa Ourense, Concepción Areal, Avenida da Coruña e de volta á Ronda da Muralla para chegar á meta, situada no mesmo punto da saída da carreira.

Na organización desta carreira colabora tamén o Moto club Bañense, con gran experiencia na organización desde fai 40 anos do gran premio da Bañeza, unha das poucas carreiras que quedan en España por circuíto urbano.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova