Imprimir

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS TALLERES DO ARDE LUCUS 2008


3/4/2008 Son talleres de coiro e corazas para a elaboración dos traxes típicos da época romana

A Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá venres o prazo para inscribirse nos talleres de coiro e de corazas do Arde Lucus 2008.

Os que o desexen poderán deixar os seus datos na Oficina de Información Xuvenil situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra entre as 9 e as 14 horas ou de 16:30 a 19 horas.

O taller de coiro e corazas é unha das novidades que inclúe o Arde Lucus deste ano que terá lugar os días 20, 21 e 22 de xuño. Serán no mesmo Centro Social e tamén nun local habilitado para a ocasión no Centro de Empresas e Innovación (CEI)

Taller de Musicoterapia

Doutra banda, e fóra do Arde Lucus, Xuventude tamén abre o prazo para a inscripción nos talleres de Musicoterapia que terán lugar na Casa da Música todos os sábados, e que comezarán a impartirse a partir da vindeira semana. Trátase de talleres de relaxación persoal a través da música.