Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Últimos días para inscribirse á viaxe para asistir ao Gran Premio de España de F-1


# Venres, 04/04/2008
A carreira terá lugar o 26 de abril en Montmeló

O vindeiro luns, 7 de abril, remata o prazo para inscribirse á viaxe ao Gran premio de España de Fórmula 1 organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.

O Concello quere facilitar aos mozos e mozas de Lugo afeccionados a este deporte a posibilidade de asistir o vindeiro 27 de abril ao circuíto de Montmeló que acollerá a proba nacional máis importante de Fórmula 1, e gozar dun evento desta magnitude en primeira fila.

As persoas de entre 18 e 35 anos de idade que o desexen poderán apuntarse a unha das 50 prazas desta viaxe que lles permitirá asistir tanto aos adestramentos como ao Gran Premio, que se desenvolverá entre o 24 e o 27 de abril. O prezo da viaxe é de 100 euros.

Esta viaxe englóbase dentro das actividades organizadas pola Concellería de Xuventude para a mocidade lucense de cara aos vindeiros meses. Este programa pretende proporcionar á xuventude lucense unha serie de actividades coas que ocupar o tempo de lecer dun xeito saudable e poder compaxinalo cunha formación útil para incorporarse ao mercado laboral, como os cursos de monitores e monitoras de tempo libre ou de linguaxe de signos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova