Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía presentou o Proxecto Parque no IV Congreso Nacional de Áreas Empresariais


# Venres, 04/04/2008
O relatorio enmarcouse dentro dunha xornada adicada á dinamización dos parques empresariais

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe o Proxecto Parque dentro do IV Congreso Nacional de Áreas Empresariais que este ano se celebra en Zaragoza.

Neste evento de gran trascendencia en España, participan ademais o Presidente do Goberno de Aragón, a Ministra de Vivenda, o Delegado do Goberno en Aragón, o Alcalde de Zaragoza, o Presidente da FEMP e numerosas autoridades relacionadas co Comercio.

O relatorio da responsable municipal lucense está enmarcado na xornada Que se pode facer para dinamizar os parques empresariais?.

Méndez explicou que os obxectivos do proxecto engloban a implementación de un plan de acondicionamiento e mellora dos parques empresariais da eurorrexión como polos de atracción de novas inversións empresariais xeradoras de emprego. Indicou tamén que inclúe a potenciación da mellora competitiva das Pemes xa instaladas, proporcionando unhas modernas infraestruturas para o uso das novas tecnoloxías que presten servizos de valor engadido e un soporte especializado ás empresas no seu proceso de transición tecnolóxica.

Ademáis a Concelleira indicou que o proxecto inclúe a rede Telépole, como un elemento de interconexión entre os seis parques empresariais da eurorrexión: Polígono Industrial de O CEAO de Lugo, o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, o Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, o Polígono de Sabón de A Coruña, o Parque empresarial portugués de Chaves e a Zona Industrial de Bragança. Méndez explicou aos asistentes que esta rede permitirá aos socios do proxecto disfrutar dunha serie de servizos avanzados de telecomunicacións como o acceso a servicios telemáticos, os entornos de colaboración de traballo en tempo real (videotelefonía e videoconferencia, videostreaming o webcasting) ou a localización xeográfica de parcelas.

Ademais, Sonia Mendez explicou as actuacións de mellora dos servizos dos parques empresarias que se perseguen no proxecto como a mellora na sinalización interna dos parques (rúas e outras informacións de interés como hoteles, restaurantes ou gasolineras) ou facilitar o acceso á sociedade da información mediante a implantación de redes inalámbricas de banda ancha a través de WiMAX, WiFi ou Cable. Entre as melloras explicadas pola Concelleira atópase tamén os puntos de información multimedia que, situados nos parques empresariais, permiten a consulta dos datos de cada empresa: productos, actividades, horarios…; así como a instalación de cámaras para mellorar a seguridade nos parques empresariais.

Por outra banda, a Concelleira indicou que se está a traballar na consolidación de servizos de transferencia tecnolóxia e de auditoría medioambiental, incidindo tamén na potenciación da cooperación empresarial entre Galici e Portugal e na captación de inversións.

Obxectivos acadados
A responsable de Economía e Emprego de Lugo explicou que o Proxecto Parque conta xa cunha serie de obxectivos acadados:

- Avance no fortalecemento das economías locais a ambos lados da fronteira.
- Ampliación da oferta de servizos das empresas das zonas
Fronterizas.
- Desenvolvemento dunha rede de cooperación transfronteriza.
- Contacto telemático entre empresas da eurorrexión.
- Apoio na xeración de novas empresas de base tecnolóxica.
- Captación de novas inversións.
- Favorecer relacións comerciales a ambos lados da fronteira.

O Congreso está organizado pola Coordinadora Española de Polígonos Empresariais (CEPE), a Asociación de Industriais (AIC) e por Logis, polígonos empresariais.

Para este Congreso, cualificado como un Evento neutro en CO2, a CEPE decidiu voluntariamente contabilizar as emisións ocasionadas no seu transcurso e compensalo a través de alternativas como a compra de dereitos de emisión ou investindo en proxectos que reduzan o CO2 presente na atmósfera.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova