Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 50 mozos e mozas lucenses particiaparán nos cursos de baile organizados polo Servizo Municipal de Drogodependenzas


# Venres, 04/04/2008
Baixo o nome de Iníciate á fama os rapaces poderán especializarse en diferentes modalidades de baile

Un total de 47 mozos e mozas da cidade participarán dende mañá , sábado 5 de abril, ata o 31 de maio nunha nova actividade de baile organizada polo Servizo Municipal de Drogodependenzas da Concellería de Muller e Benestar Social.

Os 16 grupos, nos que se dividen os participantes en Iníciate á fama, contarán coa axuda de profesionais da Escola de Baile Star Dance todos os sábados de 19:30 a 22:30 horas na sede da escola sita na rúa Ángelo Colocci, 29.

As rapazas e rapaces poderán especializarse en diferentes modalidades de baile:

- Baile moderno.
- Baile de salón.
- Hip-Hop.
- Baile Clásico.
- Funky.
- Aerobic-latino.
- Ritmos latinos.

Na derradeira sesión as mozas e os mozos participantes poderán demostrar a súa valía artística nunca exhibición de fin de curso que se realizará no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Con esta oferta o Concello Lugo quere propoñer aos mozos e mozas da cidade actividades de ocio alternativo e saudables coas que disfrutar as tardes dos sábados.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova