Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unhas xornadas polos institutos da cidade informarán a 700 adolescentes sobre os perigos da anorexia e a bulimia


# Luns, 07/04/2008
Organizadas pola Concellería de Servizos Xerais arrincarán o luns 14 de abril no instituto Xoán Montes

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe un ciclo de charlas que, ao longo do mes de abril, se levarán a cabo en oito institutos da cidade. Baixo o título Prevención de trastornos da alimentación preto de 700 alumnos de secundaria recibirán nocións básicas para a prevención dos transtornos alimenticios como o son a anorexia e a bulimia. As conferencias comezarán o luns 14 de abril no instituto Xoán Montes e rematarán o día 25 no instituto Politécnico.

A Concelleira indicou que os adolescentes son os máis vulnerables á presión dos modelos estéticos vixentes, e por iso o Concello quere previr este tipo de trastornos facilitándolles o coñecemento das súas causas e as súas consecuencias.

A través dunha serie de actividades, elaboradas pola organización Ciencia Divertida, preténdese axudar a conseguir un maior auto-coñecemento e fomentar a elección de modelos positivos máis acordes coas posibilidades físicas e emocionales dos rapaces. A presidenta da organización en Lugo, Ángeles García, explicou que se axudará aos participantes a tomar conciencia dos usos da alimentación en diferentes situacións, así como a coñecer e comprender os aspectos básicos do funcionamento do propio corpo e das consecuencias para a saúde dos actos e das decisións personais, valorando os beneficios que supoñen os hábitos do exercicio físico, da hixiene e dunha alimentación equilibrada.

Zarzuela explicou que a través desta actividade os mozos e as mozas lucenses aprenderán a ser obxectivos co seu propio corpo, recoñecendo os aspectos negativos e os positivos sen distorsións da realidade. Tamén se prentede evitar pensamentos erróneos como: “Como non estou delgado, ninguén vaime querer”.

A Concelleira indicou que o 10% da poboación é sensible de padecer a anorexia e a bulimia e case o 5% da poboación adolescente. Indicou tamén que “está a aumentar o número de casos porque comeza a ampliarse a franxa de idade de afectados, tanto en pequenos menores de 10 anos como en mulleres de entre 35 e 50 anos”.

Almorzos saudables
Por outra banda, a Concelleira fixo balance da campaña de Almorzos Saudables 2008 nos colexios públicos e privados da cidade e que foron dirixidos a alumnos de primeiro e segundo curso de Primaria, sendo un total de 2.173 alumnos os participantes, 200 máis que no 2007. Os almorzos incluían plátanos, laranxas, cuaxada, iogures de fresa e plátano, queixo, cereais, leite, cacao, zumos…

Nos almorzos saudables entregóuselles unha taza de porcelana como recordo, ademais de un videoxogo co que se aprende a realizar un almorzo equilibrado e saudable.

A Concelleira indicou que esta iniciativa do Concello de Lugo está a ter moito éxito entre os rapaces, profesores e familiares, e está a despertar o interese doutros concellos de Galicia pero tamén do resto de España.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova