Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado elixe aos gañadores da X edición do certame Ánxel Fole


# Luns, 07/04/2008
Presentáronse 38 obras en galego e 50 en castelán

O xurado do premio Anxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, ofreceu hoxe o resultado da súa deliberación de onte sobre os dous gañadores nas dúas categorías. Nesta décima edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán.

Na categoría de castelán resultaron gañadores:

1.-Miguel Ángel López Alba, de Guadalajara, coa obra El cepillo de dientes.

2.- Juana Cortés, de Alcorcón, polo relato La misma luz, los mismos colores.

Na categoría de galego o xurado recoñeceu o traballo de:

1.- Francisco Rozadas, de Pontevedra, pola obra O vestiario máxico do abade.

2.- Rocío Leira, veciña de Cee de A Coruña, pola obra As sete tristes notas do meu bals.

O certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías.

O certame está xa consolidado como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que é moi elevado todos os anos. De feito, esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. De feito moitos dos gañadores son doutras comunidades.

Para darlle máis relevancia ao premio, e seguindo o costume dos últimos anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior distribución ás obras.

O xurado da categoría de galego estivo formado por Xosé Luís Vázquez Somoza, primeiro premio en galego da IX edición; José Manuel Núñez Blazquez, presidente de Ágora Cultural e deseñador gráfico; Manuel Celso Matalobos, vicedirector do IES Lucus Augusti. Do traballo gañador destacaron “o discurso Cunqueirano, a súa riqueza de vocabulario e a súa calidade literaria”. Do segundo clasificado destacan como un relato tan breve pode enganchar ao lector pola súa poesía, a súa lírica e a súa densidade.

Na categoría de relatos en castelán actuaron como xurado María Luisa Rodríguez López, profesora do IES Virxe dos Ollos Grandes, o escritor Francisco Javier Reija, e o director do proxecto Esperta-Zoe, Rubén Pérez Pombo.

Do gañador do certamen destacaron a calidade narrativa, a súa orixinalidade, forza expresiva e técnica revolucionaria. Do segundo clasificado destacaron o profundo lirismo que transmite.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova