Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Consolas, viaxes, MP4 e ceas, para os gañadores da V edición da Búsqueda do Tesouro


# Martes, 08/04/2008
O xogo, organizado pola Concellería de Xuventude, contou con máis de 30 participantes

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, entregou hoxe os premios aos grupos gañadores da V edición de Na Búsqueda do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude e que se celebrou os pasado 3 e 4 de xaneiro.

Para a categoría A, (de 14 a 17 anos) foron entregados os seguintes premios aos seguintes grupos:

1º premio, tres consolas Wii para Más solo que la una.

2º premio, 3 MP4 para MEI

3º premio, unha cea en Boccalino para Pink Ladies

Dentro da categoría B (de 18 a 30 anos) houbo un único gañador, o equipo Patrau que recibiu como premio para os seus integrantes unha viaxe para asistir ao Gran premio de Formula 1 en Montmeló.

Nesta edición participaron máis dunha treintena de rapazas e rapaces, dos que moitos asistiron ao acto de recollida de premios, que se celebrou esta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

A Concelleira felicitou aos gañadores e tamén ao resto de participantes, “polo seu interese e gañas de coñecer esta cidade” e animou aos participantes a inscribirse na vindeira edición do xogo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova