Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ciclo de cine xuvenil sobre Muller e Interculturalidade continúa coa película El Principio de Arquímides


# Mércores, 09/04/2008
Será o venres 11 ás 20:00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra

Este venres, 11 de abril, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Nesta ocasión proxectarase a película El Principio de Arquímides. Sonia (Marta Belaustegui) é unha alta executiva do mundo da moda que apenas ten tempo para dedicar ao seu fillo e ao seu marido. Rocío (Branca Oteyza), tamén casada e cunha filla, é veciña e amiga de Sonia. A pesar de estar moi ben preparada profesionalmente, non tivo sorte e sempre realizou traballos eventuais. Cada unha delas intenta conseguir o que a outra xa ten, pensando que así lograrán unha vida mellor. Sonia busca tempo e calma para estar co seu fillo ao que ultimamente só ve en pixama e Rocío quere poder, recoñecemento social, independencia económica. Conseguilo non vai ser fácil porque, como no principio de Arquímedes, flotar ou non flotar non depende só da materia de que un estea feito senón tamén do líquido laboral e afectivo no que intenta nadar.

Outros títulos que se proxectarán ao longo deste ciclo: Solas, Os amantes do Círculo Polar, ou O tren da memoria entre outros, todas películas de recoñecido prestixio e gran calidade cinematográfica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova