Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 50 rapaces participarán nos cursos de ciclomotor organizados polo Concello


# Mércores, 09/04/2008
As clases terán lugar polas tardes no Parque Infantil de Tráfico

Un total de 49 rapaces de 14 a 16 anos participarán dende o día 21 de abril nos tradicionais cursos de ciclomotor que organiza o Parque Infantil de Tráfico, en colaboración cos centros de ensino secundario, a Xefatura Provincial de Tráfico e o Instituto Mapfre de Seguridade Vial.

Este ano os rapaces pertencen a sete centros de Lugo e o calendario coa formación dos grupos e os horarios pode consultarse nos taboleiros de anuncios dos centros, na web municipal ou no propio parque, chamando ao teléfono 982 20 63 39.

Os cursos se celebrarán todas as tardes, de 18:30 ás 20:30 horas, agás os días de actividade escolar. Cada grupo terá un total de dúas semanas de formación en grupos que non superarán os 20 alumnos.

Como sempre, os cursos serán gratuítos, previa inscrición, que xa foi pechada, e as clases desenvolveranse nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico, no parque da Milagrosa.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova