Imprimir

O SERVIZO DE BOMBEIROS DO CONCELLO DE LUGO APAGOU UN INCENDIO NUN SEMIREMOLQUE NA ÁREA DE DESCANSO DA A-VI EN GUITIRIZ


9/4/2008

Os bombeiros foron alertados, ás 00.25 horas do día 9, dun incendio nun semiremolque estacionado na área de servizo da A-VI, no Concello de Guitiriz, no aparcadoiro a carón da gasolineira.
O lume quedou sufocado ás 2.00 pola dotación de bombeiros que se desprazou ao lugar e so afectou ó semiremolque e a carga de electrodomésticos que contiña, quedando practicamente calcinado.
Polo momento descoñécense as causa que provocaron este incendio.
No lugar dos feitos estivo unha patrulla da Garda Civil.