Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 300 docentes participarán nunhas xornadas sobre a LOE no contexto da aula


# Xoves, 10/04/2008
A actividade está organizada por FETE-UGT e a USC coa colaboración do Concello

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, colabora, un ano máis, o Movemento de Renovación Pedagóxica “ESCOLA VIVA” dependente de FETE-UGT e coa USC, na Xornadas que dende fai 6 anos de están a desenvolver na Cidade de Lugo e que están abertas a todo o profesorado da nosa Comunidade. A Concelleira, e o Director do Curso, Benjamín Rey, odirector do curso e a responsable de Fete-UGT en Lugo, María Jesús Navarro Otero, presentaron os cursos A LOE no contexto da aula que se celebrarán mañá venres 11 de abril e o sábado 12 de abril no IES Politécnico.

A Concelleira explicou que “esta actividade abordará temas relacionados cos diferentes ámbitos da tarefa docente e está ten unha gran acollida, foron ofertadas 250 prazas e admitíronse 330 pola limitación do espazo, quedando moitos compañeiros e compañeiras fora, aínda que poderán asistir as catro conferencia, xa que o Salón de Actos do IES Politécnico ten un aforo de 500 prazas”.

Segundo os organizadores, a gran demanda que se fai desta actividade formativa crese que é froito da seriedade coa que se desenvolven e da calidade dos relatores e relatoras que nelas participan e que son garantes de éxito para estas accións formativas ao ser expertos de recoñecido prestixo nacional e internacional.

As catro conferencias permitirán coñecer os grandes fundamentos da Lei, tanto a nivel lexislativo como a nivel pedagóxico. Dúas estarán a cargo de personalidades con gran responsabilidade no Ministerio do Interior en ámbitos de Seguridade e Educación Vial con claras influencias no ámbito educativo ( D. Antonio Riu i Rovira Subdirector Xeral de Ed. Vial da Direción Xeral de Tráfico e D. Pedro Antonio Rios Martínez asesor do Ministerio do Interior) e outras conferencias serán impartida por un estudioso e pedagogo de prestixio internacional (D.Miguel Angel Santos Guerra) que valorará os aspectos máis significativos do proceso de ensino-aprendizaxe e outra por unha autoridade educativa do MEC ( D. José Luís Pérez Iriarte Director Xeral de Educación, Formación Profesonal e Innovación Educativa) que analizará os cambios máis significativos introducidos pola LOE na tarefa docentes e cales van ser os obxectivos prioritarios para estes catro próximos anos.

A continuación de cada unha das conferencias haberá un debate para facilitar a tódolos presentes resolver dúbidas ou ampliar a información sobre aspectos non abordados.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova