Imprimir

O MAL TEMPO OBRIGA A APRAZAR AS ACTIVIDADES PARA AS FAMILIAS ENMARCADAS NO PROGRAMA DE CELEBRACIÓN DOS 100 ANOS DE LOITA POLOS DEREITOS DAS MULLERES


11/4/2008

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, ven desenvolvendo dende o pasado mes de marzo un programa de actos para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.

O día 2 de marzo, domingo, arrincaron os actos do programa coa V Marcha pola igualdade e este sábado, 12 de abril, estaba previsto, para rematar co programa, na Praza Maior, que tiveran lugar unha serie de actividades para as familias: contacontos xogos…

Por mor do temporal que está a afectar á cidade, esta cita terá que aprazarse a unha nova data na que o tempo permita o seu correcto desenvolvemento para poder garantizar o disfrute dos asistentes.

Próximamente farase pública a nova data para a celebración da actividade.