Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Fundación Caixa Galicia e o Concello de Lugo asinan un convenio cultural de 270.000 euros


# Venres, 11/04/2008
Méndez e López Orozco renovan ¿unha colaboración histórica, fértil e leal¿

Exposicións, actividades escénicas, cursos e conferencias centran a oferta cultural

En 2007, Caixa Galicia celebrou máis de 350 actos e rexistrou máis de 200.000 asistentes


O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre a institución financeira e a Administración local para a posta en marcha de actividades culturais nesta cidade.

Este convenio establécese co obxectivo de desenvolver novos proxectos culturais da mellor e máis alta calidade e diversidade, e renova a “fértil colaboración” que ambas as dúas entidades manteñen nestes últimos anos.

O texto asinado precisa que a Fundación Caixa Galicia aumenta ata os 270.000 euros a dotación para o desenvolvemento da programación cultural da cidade (o ano pasado a cantidade achegada por Caixa Galicia ascendía a 240.000 euros), cun intenso programa de actividades que serán organizadas ben polo Concello ben directamente pola Fundación Caixa Galicia.
O Concello e a Fundación colaboran estreitamente dende o ano 2003 na elaboración da programación cultural para a cidade de Lugo.
Segundo a información ofrecida durante a rolda de prensa posterior á sinatura deste convenio, a programación que desenvolverá a Fundación Caixa Galicia neste ano 2008 abrangue as máis diversas áreas culturais.

Así, dentro da sección das artes plásticas destacan as exposicións ‘El abanico español. La colección del Marqués de Colomina’ (do 24 de abril ao 22 de xuño, na sede da Fundación Caixa Galicia), e ‘Roberto Verino. 25 anos de moda’ (no mesmo espazo, no mes de xullo).

Noutros epígrafes destacan os concertos da María Lavalle, María do Ceo ou Lucía Pérez, así como novos ciclos de cine e máis conferencias que dotarán á cidade dunha programación cultural “estable e da maior calidade en Galicia”, segundo José Luis Méndez.

Doutra banda, o Concello de Lugo organizará de novo este ano, co apoio financeiro da Fundación Caixa Galicia, algunhas das máis esperadas propostas do panorama cultural e social desta cidade, como o Festival de Música ‘Cidade de Lugo’, as Festas de San Froilán, o Festival Interfolk ou a Ludus Party, entre outras.


Compromiso: máis de trescentas propostas, máis de 200.000 participantes

O director xeral de Caixa Galicia quixo recuperar algún dato da actividade social e cultural de Caixa Galicia en Lugo, desenvolvida na súa rede de espazos espallados pola provincia. Así, segundo a información achegada, a Fundación Caixa Galicia puxo en marcha máis de trescentas propostas, ás que asistiron máis de 200.000 participantes.

Ademáis, durante o acto José Luis Méndez mostrou “unha grande satisfación pola confianza que os lucenses teñen depositada en nós como entidade financeira e como entidade social e cultural”.


E engadiu: “o compromiso próbano o número de clientes e o noso negocio na cidade e na provincia, pero tamén a alta participación que os cidadáns teñen nas actividades que desenvolvemos nos nosos espazos”.

Pola súa banda, o alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción pola sinatura deste convenio, que permitirá ao Concello por en marcha as súas actividades culturais máis destacadas cun amplo apoio: “un ano máis o Concello aposta por unha programación cultural continuada que está a converter en habituais os espectáculos de calidade na nosa cidade”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova