Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe aos membros da Asociación Europea de Establecementos de Ensino de Veterinaria


# Venres, 11/04/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe no Salón de Plenos da Casa do Concello ao grupo de seis experto da Asociación Europea de Establecementos de Ensino de Veterinaria (EAEVE) que dende o pasado martes 8 de abril estiveron a realizar o proceso de avaliación europea por parte da para renovar a acreditación coa que contan dende o ano 2000 a Facultade de Veterinaria de Lugo.

O Alcalde, deulles a benvida á cidade e explicoulles o importante que é o Campus da Universidade para Lugo, como un motor de desenvolvemento económico, cultural e social.

López Orozoco animoulles a disfrutar dos encantos turísticos e gastronómicos de Lugo, pero sobretodo, dos seus habitantes. Como recordo da súa visita, o Alcande entregou aos membros da asociación unha medalla da Muralla de Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova