Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O paseo do Rato acolle a quinta proba de Corre con Nós


# Venres, 11/04/2008
A carreira terá lugar o domingo 13 de abril

O vindeiro domingo 13 de abril ás 12:00 horas terá lugar a quinta proba do circuíto Corre con Nós que transcurre íntegramente pola estrada do Paseo do Rato adoptando distintas distancias en función das categorías dos corredores e das corredoras.

A saída e a meta estarán situadas no extremo da estrada do Rato que conflúe coa Nacional VI, dende donde sairán as diferentes categorías.

A primeira das carreiras corresponderá a categoría A que percorrerá una distancia de 800 metros para as rapazas e rapaces nados entre o 99 e o 2003 cun percorrido de 400 metros de ida e volta polo asfalto do Rato.

As seguintes carreiras sairán en función do remate das inmediatamente anteriores, de xeito que o resto das distancias serán para a categoría B de 2000 metros ,as categorías C e D 3000 metros e a carreira dos adultos discorrerá polo asfalto cunha distancia de 6000 metros dentro dun circuíto de 3000 metros de ida e o mesmo de volta, pasando por un punto de control.

O aparcamento para os atletas estará situado na explanada do Pazo Universitario xunto das pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera onde estarán disponibles as duchas a partir das 13:00 horas. A recollida de dorsais poderá realizarse ata as 11:30 na carpa de organización.

Pódese obter máis información e consultar o percorrido na páxina da carreira: http://deportes.lugo.es/correconnos/.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova