Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Aula Auxiliar mentor do Concello de Lugo oferta máis de 90 cursos


# Luns, 14/04/2008
Os alumnos poden realizar a súa formación dende a súa casa o dende as instalacións do CEI

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, e o Delegado Provincial de Educación, Luis Manuel Álvarez, presentaron hoxe as actividades que se están a realizar a través da Aula Auxiliar Mentor do Concello de Lugo.

A Aula Mentor, do Ministerio de Educación y Ciencias é un sistema de formación aberta, libre e a distancia (a través de Internet), apoiado en unha plataforma tecnolóxica que ofrece unha ampla oferta formativa adaptada ós intereses e necesidades da población. A Concelleira áfirmou que “se trata dun exemplo da aposta que realizan o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo pola formación, neste caso a través das novas tecnoloxías”.

Este tipo de aprendizaje permite ás persoas realizar os cursos dende a súa casa (sempre e cando teña ordenador e acceso a Internet), si non fora así a formación pode realizala dende o Aula Auxiliar Mentor do Concello de Lugo (situada no CEI).

O aula é un centro de recursos equipado con ordenadores, conexión a Internet, programas informáticos, materiales e asesoramento dos administradores do aula, para toda aquela persoa matriculada nun curso.

El horario de asistencia ó aula é de luns a vernes de 8:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os vernes de 8:30 a 14:30 horas.

Aula Mentor ofrece cursos de formación non reglada a unha poboación destinataria con expectativas de acceder a un emprego, de actualizar o seu sistema de traballo o aumentar a súa cultura.

Como indicou a Concelleira “ao rematar o curso de formación e unha vez superada a proba final, os alumnos e as alumnas obteñen un certificado de aproveitamento no que consta o número de horas realizadas e que é expedido polo Ministerio de Educación y Ciencia e no seu caso pola Consellería de Educación”.

A cuantía da matricula para acceder á plataforma mentor e realizar un curso é de 48€, ésta dará dereito a dous meses de formación.

Na actualidade, dende esta plataforma ofrécense máis de 90 cursos, distribuídos en diferentes categorías:

- Iniciación á informática.
- Ofimática
- Redes e equipos
- Deseño e autoedición
- Internet
- Medio Ambiente
- Cultura e formación xeral
- Pequenas e medianas empresas
- Medios audiovisuais
- Programación
- Deseño WEB
- Electrónica
- Saúde e educación
- Español para extranxeiros



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova