Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de mil alumnas e alumnos de secundaria asistirán ás representacións da obra de teatro Today Could be Your Big Day


# Martes, 15/04/2008
A actividade está organizada pola Concellería de Educación

Un ano máis a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza sesións de teatro en inglés dirixidas ao alumnado de secundaria dos centros educativos de Lugo.

En total serán 1.117 rapaces e rapazas lucenses os que disfrutarán da representación da obra Today Could Be Your Big Day o 16 de abril no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A obra conta a historia de Bob e Harry, que soñan coa fama pero de momento só puideron achegarse a ela no seu traballo. Nunha compañía de teatro ambulante, o seu traballo consiste en montar as postas en escena e equipos de son para deixalo todo disposto para a chegada dos actores. Con todo, debido á incompetencia do seu representante, hoxe houbo un gran erro na organización do evento. Cando Bob e Harry acceden ao escenario atópanse ante un público esixente e repleto de críticos dos medios de comunicación.

Bob e Harry intentarán saír da súa particular crise a través dunha historia paralela interpretada polo propio público. Logo de todo, o espectáculo debe continuar, e hoxe pode ser un gran día para todos. A obra anima ao público a participar no mundo do teatro e do traballo. Amena, musical, fácil de seguir e con situacións de gran humor, Today Could Be Your Big Day é unha obra para todos os públicos a partir de 12 anos.

As representacións completaranse con material didáctico para traballar nas aulas e as representacións tan novidosas e pedagóxicas que estimulan aos rapaces na aprendizaxe do inglés.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova