Imprimir

MÁIS DA METADE DOS LUCENSES CONSIDERAN A INCORPORACIÓN AO MERCADO LABORAL DAS MULLERES O MAIOR ACONTECEMENTO


15/4/2008 Outro dos acontecementos máis valorados é a consecución do voto feminino

A web municipal realizou unha enquisa sobre os maiores acontecementos históricos ou sociais da vida das mulleres co fin de coñecer a opinión dos lucenses neste tema.

Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo cinco opcións de resposta, o 53´14% dos votos (con 211 votos) dos lucenses considera que o maior logro para as mulleres foi a súa incorporación ao mercado laboral.

Para 29´72% dos participantes (con 118 votos) opina que é de gran importancia para as mulleres a consecución do voto feminino, mentres que o 7´808 dos internautas (con 31 votos) opina que foi a aprobación da pílula anticonceptiva. A obtención da representación política obtivo o 3´77% dos votos e a despenalización do aborto o 5´54% .

Nesta enquisa, que permaneceu activa entre o 29 de febreiro e o 15 de abril, participaron un total de 397 persoas a través de www.lugo.es.