Imprimir

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS PARA PARTICIPAR NO VII CONCURSO DE DEBUXO DE EDUCACIÓN VIARIA CIDADE DE LUGO


15/4/2008 Escolares de toda Galicia poden presentar as súas obras ata o vindeiro 17 de abril

Continúa aberto o prazo para a presentación de orixinais da VII edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo destinado a todos os escolares e a estudantes de secundaria e bacharelato de toda Galicia, organizado polo Concello de Lugo.

Como indicou no día da súa presentación a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, esta iniciativa municipal está orientada a fomentar unha boa educación viaria entre os nenos e os mozos galegos e convídaos a reflexionar sobre este tema a través dun exercicio de creatividade. O Concello de Lugo quere concienciar e previr dende a infancia para sensibilizar aos cidadáns sobre as boas prácticas viarias.

Nas pasadas edicións deste concurso acadouse un éxito de participación, e ano tras ano aumenta o número de colexios que dende toda Galicia mandan traballos. Ata o de agora van preto de 200 debuxos recibidos, pero o prazo de presentación dos traballos non finaliza ata o vindeiro xoves 17 de abril.

As bases establecen cinco categorías de participación que comprenden idades de 3 a 17 anos:

- Categoría A: para 1º, 2º e 3º de primaria;

- Categoría B: para 4º, 5º e 6º de primaria;

- Categoría C: para 1º, 2º e 3º de secundaria;

- Categoría D: para 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharel;

- Categoría E: para Educación Especial