Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O V Ralli Cidade de Lugo reunirá a preto de 50 automóbiles clásicos


# Martes, 15/04/2008
A proba desenvolverase o vindeiro sábado 19 de abril polas estradas de Lugo, Meira e Rábade

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Antonio Latorre e Martín Graham, membros da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o V Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 19 de abril a partir das 10:00 horas. Esta proba, que se celebra por quinto ano consecutivo, desenvolverase ao longo da xornada por estradas de Lugo, Meira e Rábade.

A carreira convocará na cidade a mútiples coches antigos, algúns tan míticos como o Porsche Carrera 911, o Gordini, o BMW 2002TI ou os clásicos Mercedes, o Mini ou o Renault 8 que farán as delicias dos lucenses que se acheguen a saída para contemplar a súa beleza, algúns considerados aunténticas xoias do coleccionismo de automóbiles.

Este ano batirase un récord de participación ao contar con uns 50 inscritos. Os condutores teñen que amosar as súas habilidades e a destreza na condución nun percorrido de 300 quilómetros. O trazado da proba manterase en segredo ata o momento mesmo da saída para evitar adestramentos previos.

Este rali non é unha proba de velocidade, senón que os participantes compiten por amosar as súas habilidades e destreza na condución, pois as velocidades medias rondan os 50 quilómetros por hora. Ademais, esta carreira puntua para o Campionato Galego de Automóbiles Antiguos.

Esta carreira estase a convertir nun acontecemento deportivo plenamente afianzado e nun referente entre os afeccionados ao mundo do motor.

A proba, que comezará ás 10:00 horas na praza Maior, está previsto que remate preto das 20:00 horas no mesmo lugar. A entrega dos trofeos terá lugar nas Bridas onde rematará esta festa automobilística cunha xuntanza gastronómica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova