Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A ópera barroca, protagonista do segundo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo


# Martes, 15/04/2008
Será mañá mércores ás 20:30 horas no Círculo das Artes

Co segundo dos concertos do Festival de Música Cidade de Lugo 2008 comézase, mañá mércores 16 de abril, a abordar un dos xéneros que terá máis protagonismo nesta trixésimosexta edición do festival: a ópera barroca.

O gran protagonista deste concerto é o contratenor catalán Xabier Sábata que dedica este espectáculo titulado Undercastration a un dos míticos castrados coñecido como Francesco Bernardi, il Senesino (1685-1759). Xavier Sábata cantará arias de ópera de compositores barrocos como Haendel, Porpora, Veracini, Ruggieri e Hasse que dedicaron moitos papeis das súas óperas a este famoso castrato italiano que no seu tempo foi tan admirado e célebre como Farinelli. Xabier Sábata estará acompañado ao clave por Aaron Zapico neste espectáculo que dirixe escenicamente Jordi Prat i Coll.

En palabras dos artistas protagonistas do espectáculo: Undercastration é un percorrido pola vida do que fora o gran castrato de, entre outros, Georg Friedrich Haendel. Esta viaxe utiliza, a modo de base, unha selección da inxente produción musical escrita para el por autores como Hasse, Porpora, Veracini ou o propio Haendel, pero non é só isto, é decir, un bioconcerto, senón que é tamén teatro musical, cabaré, comedia, dramas: todos os elementos, barrocos elementos por outra banda, cos que unha estrela do espectáculo como il Senesino convivía a diario.

En concreto, o director de escena Jordi Prat i Coll tamén nos dí que “ao preparar a posta en escena de Undercastration, o meu interese fundamental residía en que a música entrara polos ollos. Non permitir que o espectador pechara os seus párpados para deleitarse coa música, senón que o brillante repertorio que segue os pasos de Francesco Bernardi, il Senesino, se recrease musicalmente na súa retina. E todo isto contando con pouquísimos elementos escénicos que permitisen romper o recital ao uso para potenciar un camiño máis ¬e desculpen o adxectivo¬ cabareteiro”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova