Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Servizos Xerais presenta POLEM, o Portal Lucense do Empregado


# Mércores, 16/04/2008
Lugo está considerada como unha das cinco Cidades Dixitais con maior nivel de desenvolvemento das novas tecnoloxía

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a Intranet do Concello de Lugo á que terán acceso os empregados municipais: POLEM, o Portal Lucense do Empregado ao que terán acceso máis de 800 usuarios en rede. A Concelleira explicou que “esta ferramenta está dentro do programa de desenvolvemento das Novas Tecnoloxías que se ven desenvolvendo dende op 2003 no Concello”.

Zarzuela explicou que “se trata dunha nova forma de autoxestión que permitirá realizar aproximadamente 39 xestións diferentes e que garantiza a comunicación entre departamentos”.


Co novo servizo, POLEM, integrado na intranet municipal, os traballadores do Concello terán acceso a:

1) Actualidade e novas

2) Axenda de contactos para as xestións entre os diversos departamentos.

3) Rincón do empregado, para consultar as fichas dos empreados

4) Repositorios de documentación que permitirán o acceso á documentación municipal en formato dixital

5) Buzón de correo de suxestións

6) Formación

Grazas a POLEM, os traballadores do Concello poderán consultar os seus datos personales (tendrán unha clave de acceso), facer solicitudes de vacacións, excedencias, descargas do recibo da nómina de cualquera mes, descarga do crédito horario para os membros do Comité de Empresas o Xunta de persoal…, solicitude de tarxetas identificativas, inscripción nas actuacións do plan de formación do Concello, solicitude de cursos ou xornadascursos,…

A Concelleira afirmou que o noso obxectivo é que o utilicen a maioría dos traballadores do Concello e que se convirta nun instrumento de comunicación implantado e que satisfaga as demandas do persoal”.

Contidos do POLEM
Os contidos deste portal, son 39 e se dividen en:

- Actualidade
- Quiosco: Novas da entidade (Internas e Externas) e Informes de prensa persoalizados.
- Novidades: Resumen dos últimos contidos publicados no Portal, organizados por sección
- Prensa: PDF´s dos artigos de información de interés publicados en prensa
- Presentacións Internas: Documentos de presentacións
- Xestión de Informes: Servicio para a creación e xestión dos informes
- Documentación
- Comunicacións Interiores:
- Outros Documentos: Documentación variada
- Modelos de Documentos: Equipos ofimática (fax, carta,...)
- Normativa Laboral: Documentación
- Manuales de Procedimientos:
- Informes: Documentación
- Información Sobre Seguridad: Documentación
- Utilidades
- Directorio de empleados: Busca e consulta de fichas de empleados
- Tu Portada: Personalización da información a mostrar na portada
- Contactos: Axenda de contactos utilizada para as xestións de diversos departamentos
- Incidentes del Portal: Servicio de control del funcionamiento do Portal, contén o rexistro de avisos e errores acontecidos na operativa diaria do portal
- Estatísticas: Permite o análise da utilización de cada un dos servizos do portal, consta dun módulo xeral e un individual para cada servicio
- Foros de discusión sobre diversos temas
- Petición de Material: Formulario para a petición de material (consumibles informática, papel, etc)
- Buzón de correo de Sugerencias
- Creación e Consulta: Formulario para as sugerencias dos empregados
- Noticias do Buzón de correo: Noticias relacionadas co buzón de correo de suxestións
- Rincón do Empregado
- Datos Persoais: Ficha personal del empleado, contiene tanto os datos públicos como os persoais
- Solicitudes e Comunicacións: Distintos trámites a realizar por os empregados (solicitude de vacacións, de anticipo,...)
- Acceso Externo: Selección da contrasinal para o acceso desde casa á Intranet
- Sección Sindical: Documentación dos sindicatos
- Plan Pensiones Empleados: Documentación
- Formación para Empleados
- Campus: Publicación de los cursos disponibles, permite a inscripción ás distintas convocatorias
- Xestionar Cursos: Creación de cursos e convocatorias a estos
- Xestionar Expedientes: Xestión das calificaciones por parte dos responsables dos cursos
- Manuales de Cursos: Documentación para os cursos
- Soporte Movilidad: Documentación
- Arena Cultural
- Información
- Instalacións
- Programación Cultural
- Actividades Escolares e deportivas
- Formación
- Concursos

Exemplo de práctica tecnolóxica
Luisa Zarzuela aproveitou a ocasión para anunciar que Lugo está considerada como unha das cinco Cidades Dixitais con maior nivel de desenvolvemento global na aplicación das novas tecnoloxías, según recolle un estudo elaborado pola Comisión de Cidades Dixitais. A Concelleira explicou que entre o ano 1995 e o 1999, tan só se invertiron 355.211 euros, mentras que nos últimos cinco anos invertíronse máis de sete millóns de euros nas novas tecnoloxías.

Na actualidade hai en España 41 Cidades Dixitais, e polas súas prácticas no seu desenvolvemento de novas tecnoloxías, tan solo foron selecionadas 5, sempre tendo en conta da situación na que partían (no ano 99 Lugo non tiña nin ordenadores). As cinco cidades seleccionadas foron: Lugo, Tres Cantos (Madrid), Roquetas de Mar (Andalucía), Molina de Segura (Murcia) e Ceuta.

O traballo realizado en Lugo recollerase nunha guía de boas prácticas que se entregará aos responsables das administracións que deseen abordar un proxecto de modernización tecnolóxica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova