Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O PIT do Concello de Lugo acolle un ensaio do Concurso Nacional de Educación Vial e do Concurso Nacional de Seguridade, O PIT do Concello de Lugo acolle un ensaio do Concurso Nacional de Educación Vial e do Concurso Nacional de Seguridade


# Martes, 20/01/2009
Uns 300 rapaces participarán na proba que terá lugar no mes de maio,Uns 300 rapaces participarán na proba que terá lugar no mes de maio

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o Xefe da Área de educación e divulgación da DXT, Juan Jesús Martín, e o Xefe provincial de Tráfico, Julio González, asistiron hoxe a un simulacro das probas que terán que realizar os rapaces participantes no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e o XXX Concurso Nacional de Seguridade o vindeiro mes de maio na cidade.

Uns 30 rapaces participaron nos circuitos de bicicleta, kart e ciclomotor que se realizaron no Parque Infantil de Tráfico cuns resultados de tempo moi positivos, segundo os organizadores do evento. Ademais comprobouse, in situ, que todos os detalles para a correcta celebración do concurso están a funcionar.

O Concelleiro de Protección da Comunidade explicou que “o Equipo de Goberno está moi satisfeito de que Lugo sexa a primeira cidade española que consegue esta distinción en máis dunha ocasión; e que todo o Concello, pero o Parque Infantil de Tráfico e a Concellería de Educación en particular, están volcados nos traballos para a preparación do Concurso”. Tamén engadiu que “o evento servirá para poñer en valor a cidade de Lugo, o seu patrimonio e a súa cidadanía acolledora ante os 300 participantes que vendrán de preto de 16 Comunidades Autónomas”.

No ensaio deste concurso, tamén estivo presente o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, a Xefado Servizo de Educación Vial da DXT, Rosa Sacristán, e a Coordinadora de Educación Vial da DXT, Isabel Santamaría.

Este Concurso Nacional de Educación Vial nos Parques Infantís, terá lugar en Lugo os días 23, 24 e 25 de maio e está previsto que participen arredor de 95 equipos de rapaces chegados de máis de 75 cidades de toda España.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova