Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o ciclo de cine xuvenil sobre Muller e Interculturalidade coa proxección de Solas


# Xoves, 17/04/2008
Será mañá venres ás 22:00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra

Mañá venres, 18 de abril, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Nesta ocasión proxectarase a película Solas. A trama trata arrededor da xoven María que se gaña a vida como chica da limpeza. Esta moza quédase embarazada dun home que non a ama e que a deixa abandoada. A súa única saída é a bebida.

María convive nun barrio problemático de Sevilla coa súa nai, unha muller cunha vida que xiraba entorno ás bofetadas e os golpes que lle propinaba o seu marido. A nai de María esfórzase por tratar de cambiar a súas para mellor, pouco a pouco. Teñen que aguantar como vecino a un hombre que non sabe vivir en sociedade que só se leva ben co seu can Aquiles. Entre os tres, que se sienten moi solos, intentarán facer os seus días o máis agradable posible, vivindo o día a día un pouco máis unidos.

Outros títulos que se proxectarán ao longo deste ciclo son Os amantes do Círculo Polar, ou O tren da memoria entre outros, todas películas de recoñecido prestixio e gran calidade cinematográfica.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova