Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A nova web www.lugoaccesible.net ofrece unha completa información sobre a cidade


# Xoves, 17/04/2008
O novo portal é fruto dun convenio entre o Concello e Auxilia

 Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Manuel Ignacio Piñeiro, presidente de Auxilia asistiron a presentación da nueva web www.lugoaccesible.net. Aquilino González Álvarez, vocal de Auxilia en Lugo e membro do Gabinete de Accesibilidade do Concello, foi o encargado da exposición das novidades que presenta este moderno portal.

A nova web é fruto dun convenio entre o Concello de Lugo e Auxilia Lugo, e o seu obxectivo é responder á demanda de información dos usuarios.

O representante de Auxilia explicou que a nova web é máis dinámica que as anteriores e trata de achegar a os navegantes outra visión de Lugo a través das páxinas que se van abrindo.

De especial relevancia son os apartados adicados ao turismo na cidade. Ofrécese información sobre os monumentos, a súa accesibilidade a súa ubicación no mapa.

O portal conta, ademáis, cun apartado de novas, e outro con toda a documentación que pode ser de utilidade como lexislación, publicacións ou normas que se poden descargar directamente a través da web.

A finalidade da web é convertirse nunha guía da accesibilidade na que atopar todo o referente aos negocios da cidade, os edificios oficiais, aparcamentos con plazas para discapacitados, etc.

Pola súa banda, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, agradeceu aos membros de Auxilia “o traballo que están a realizar día a día, e sobretodo, a elaboración desta web que facilitará aos lucenses e visitantes con discapacidade coñecer os lugares accesibles da cidade”.

Concepción Burgo, indicou que esta web é o resultado dun traballo moi longo que leva adiante Auxilia e que engloba unha completa información. Ademais afirmou que “no referente ao turismo se está a crear un mercado fundamental: o turismo accesible, e a través do novo portal serán moitos os que coñezan as facilidades das que dispoñen para poder gozar do patrimonio da nosa cidade”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova