Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe a un grupo de mestres que participarán no XXII Encontro de Educadores pola Paz


# Xoves, 17/04/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello a unha representación dos mestres que entre mañá venres 18 de abril e o domingo día 20 participarán en Vigo no XXII Encontro de Educadores pola Paz.

Segundo explicaron os participantes, a edición deste ano vai ser especial xa que no transcurso deste XXII Encontro celebrarán a existencia dos 25 anos de Educadores pola paz, o grupo de educación para a paz máis veterano en funcionamento da península Ibérica. Será, pois, un Encontro para festexalo e para recapitular sobre as numerosas actividades desenvolvidas nestes 25 anos pero tamén para falar da situación do presente e do futuro.

Ademáis no transcurso do encontro presentarase o libro sobre a historia de Educadores pola Paz, acompañado pola colaboración de máis de 40 ensaistas de diferentes disciplinas e lugares do mundo.

Por segunda vez dedicarase o tema de estudo deste ano á Educación para a cidadanía e os dereitos humanos. Destaca nesta ocasión os nomes dalgúns dos ponentes: José Vidal-Baneyto, Juan José Tamayo-Acosta, Victoria Camps e Gregorio Peces-Barba.

Todo o programa arrincará co acto-espectáculo do día 18 de abril, no Teatro de Caixanova, coa actuación de grandes músicos e poetas.

Para obter máis información sobre Educadores pola Paz pódese visitar a páxina web www.educadorespolapaz.org.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova