Imprimir

A COMISIÓN DE FESTAS ESTUDARÁ O SISTEMA DE ADXUDICACIÓN DE SOLO AOS CASETEIROS E POLBEIROS DAS FESTAS DE SAN FROILÁN


17/4/2008 Hoxe reuniuse cos participantes de diferentes edicións das festas patronais

A Comisión de Festas, presidida pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, mantivo unha nova xuntanza dos responsables que integran a Comisión de Festas e cos polbeiros e caseteiros de San Froilán, que solicitan que se cambie a fórmula de adxudicación do solo das casetas.

A Comisión de Festas decidira, nunha xuntanza celebrada a principios deste mes, reunirse cos participantes nas diferentes edicións das festas patronais, así como co presidente da Asociación de Hostaleiros, José Francisco Real, para escoitar as diferentes opinións.

Na xuntanza celebrada hoxe, os caseteiros e polbeiros propuxeron continuar co antigo sistema de puxa, pero que o espazo obtido se manteña durante tres anos na mesma persoa.

Proximamente haberá unha nova xuntanza da Comisión de Festas para valorar a proposta e tomar unha decisión.