Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A UNED de Lugo impartirá 30 titulacións e comezará a súa actividade académica para o curso 2008-2009


# Venres, 18/04/2008
O Alcalde de Lugo preside o Padroado da Universidade os dous primeiros anos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu unha nova xuntanza cos integrantes do Padroado da Universidade de Educación a Distancia (UNED) para abordar todos os temas relacionados coa posta en marcha do centro Asociado en Lugo.

A actividade académica comezará, tal e como dixo o Alcalde noutras ocasións, no curso 2008-2009 e contará con 30 titulacións do total de 36 que ten a UNED.

En Lugo impartirase:

◘Acceso maiores de 25 anos
◘Administración e Dirección de Empresas
◘Antropoloxía Social e Cultural
◘Ciencias Fisicas
◘Ciencias Matemáticas
◘Ciencias Políticas
◘Ciencias Químicas
◘Dereito
◘Dereito (Plan en Extinción)
◘Diplomatura en CC. Empresariais
◘Economía
◘Educación Social
◘Filosofía
◘Filosofía (Plan en Extinción)
◘Xeografía e Historia (Plan en Extinción)
◘Historia
◘Enxeñería Industrial
◘Enxeñería Informática
◘Enxeñería Téc. en Informática de Xestión
◘Enxeñería Téc. en Informática de Sistemas
◘Enxeñería Téc. Industrial (Electrónica Industrial)
◘Enxeñería Téc. Industrial (Mecánica)
◘Enxeñería Téc. Industrial. Especialidad en Electricidad
◘Pedagoxía
◘Psicoloxía
◘Psicoloxía (Plan en Extinción)
◘Psicopedagoxía
◘Socioloxía
◘Traballo Social
◘Turismo

Os responsables do padroado e da UNED queren converter este centro nun dos máis importantes de España, por iso, xa o incluiron na rede de centros que se someterán a un programa de calidade dos centros asociados. López Orozco sinalou que ten a seguridade de que “será un gran centro”.

José Luis Prieto, o director en funcións do centro asociado, destacou que “as previsións apuntan a que máis de 1.000 estudantes se matricularán en Lugo”. Ademais, explicou que contarán con 85 profesores titores entre os que se incluirán os que imparten xa clase en Foz, Monforte e Viveiro.

O Alcalde, ademais, anunciou que “o Concello aumentará o seu investimento no centro asociado da UNED en 40.000 euros”.

Para a docencia destas tiulacións porase en marcha un proceso de selección de persoal interino e aproveitarase o comezo da impartición dos graos do Espazo Europeo de Educación Superior -que obrigarán a incluir novos criterior no proceso de selección- para facer un nomeamento definitivo no vindeiro curso.

Crearase unha Comisión de Valoración que é a que fará a selección e que empregará os seguintes baremos: o expediente académico puntuará ata 5 puntos, a posesión doutras titulacións ata 0.5 puntos, a experiencia docente ata 5 puntos, as publicacións ata 3, a experiencia profesional ata 10 puntos, os estudos realizados na UNED ata 2 e a adecuación do candidato ao perfil da titoría ata 5 puntos.

Nesta xuntanza tamén se aprobaron as bases da convocatoria para cubrir as prazas do Persoal administrativo e de Servizos do Centro Asociado. Convocaranse probas selectivas para acceder a seis postos do plantel de persoal laboral con suxeición a unhas Bases.

Haberá dúas prazas de xestor académico e de Formación Continua, Extensión universitaria e Desenvolvemento Cultural para as que se esixe unha titulación de F.P. grao medio ou equivalente. Unha praza de Xestor Tecnolóxico para a titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática, unha praza de bibliotecario para un diplomado en Biblioteconomía e Documentación e finalmente unha de Xestor Económico e de Calidade e outra de Xestor Administrativo para a titulación de F.P. de grao superior ou equivalente.

Nesta xuntanza presidida polo Alcalde de Lugo, tamén se aprobou o orzamento do Centro Asociado para o exercicio do 2008, e que será de 599.467 euros.

A implantación dun Centro Asociado da UNED en Lugo, que foi un dos grandes obxectivos marcados por López Orozco dende que é Alcalde, súmase aos 61 centros que hai actualmente repartido por toda a xeografía española.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova