Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de mil alumnos de Educación Infantil disfrutarán da obra Remoldiño vai á feira


# Domingo, 20/04/2008
A actividade forma parte do programa de animación á lectura organizado pola Concellería de Educación

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, continúa co seu programa de animación á lectura que durante todo o mes de abril se ven desenvolvendo dirixido aos alumnos dos centros educativos da cidade.

Esta semana serán 1.287 rapaces e rapazas os que asistirán á representación teatral dun dos contos que se lles enviou aos centros: Remoldiño vai á feira de Xoán R. Cuba. A obra, a cargo da compañía Casa Hamlet, terá lugar do luns 21 de abril ao venres 25 de abril no salón de actos do Centro Social de Fingoi.

A actividade, dirixida aos alumnos e alumnas de 2º e 3º de Educación Infantil de 20 colexios da cidade, terá unha duración de 45 minutos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova