Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo atende a preto de 60 persoas nos centros de día


# Venres, 18/04/2008
O Concello ofertará 40 prazas máis no novo centro de Entrecarrís a finais de ano

“Os centros de día do Concello de Lugo teñen por obxecto prestar un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora as persoas maiores”,así o afiromou hoxe a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre. Como o seu nome indica a atención realízase en xornada diurna, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía por motivos de índole física, psíquica ou social, que aciliten a permanencia no seu propio contorno e melloren a súa calidade de vida, sempre e cando non teñan a consideración de “asistidos” con necesidade de axuda de terceira persoa de xeito continuado.

Na xestión da atención dos centros de día o Concello de Lugo inviviste un total de 358.608 euros, dos que un 47.000 son aportados por Vicepresidencia de Igualdade e Benestar. O prezo medio por usuario é de 600 euros, incluindo entre outras cousas a atención e o transporte.

Para o Concello “este servizo é fundamental ao estar orientados de cara á consecución dun maior nivel de benestar das persoas maiores, que non exime ás familias das súas responsabilidades, con planificación, coordinación e control público, que a través de persoal cualificado e supervisado presta a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo e técnico a persoas maiores con dificultades para procurar o seu benestar físico, psíquico e/ou social, proporcionándolle a posibilidade de continuar no seu contorno natural, menres isto sexa posible e conveniente”.

A Concelleira indicou que “a atención aos usuarios e usuarias nos centros de día e a mellora da súa calidade de vida, é o fin último perseguido”. O que en gran medida define tódalas accións desenvolvidas o longo do ano cos usuarios, unha tarefa que ainda que parece doado de acadar, e complexa no seu desenvolvemento, e con dificultades engadidas debido a idade da poboación atendidada, e ás suas caracteristicas socio-sanitarias, pois por mor das súas limitacións físicas e cognitivas precisan cada vez máis a axuda de terceira persoa para a realización das actividades básicas da vida diaria.

Os obxectivos específicos dos centros de día do Concello de Lugo son os seguintes:

- Mantelo ancian integrado e vinculado co seu entorno familiar e social.
- Fomentala autonomía social, física e psicolóxica previniendo ou frenando o deterioro das suas facultades.
- Evitar ou retrasalo momento do ingreso en Residencia da Terceira Idade.
- Aliviar ós familiares e/ou cuidadores habituais do anciano ofrecendo un apoio asistencial.
- Mellorar o benestar físico e mental.
- Complementar o programa de atención domiciliaria.
- Facilitar a participación na vida social e comunitaria, posibilitando a resocialización do ancián.
- Promover a convivencia , solidariedade e axuda mutua entre ancians en distintas condicións de autovalemento.
- Contrarestar o aillamento e a pasividade.
- Reducir a necesidade de servicios para os seus usuarios.
- Aproveitar o máximo os recursos residenciais disponibles.
- Ofrecer alternativas ocupacionais que favorezcan a súa integración social.

Nos Centros de día do Concello coutouse no ano 2007 con 75 prazas e no 2008 cun total de 57. Segundo o centro de día as estatísticas son as seguintes:

-Centro de día de As Gándaras: no ano 2007 cerrouse con 15 usuarios en lugar de 20, as prazas das que dispón, pois con motivo do traspaso da xestión do centro á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, acordouse no cubrir as baixas que se viñan producindo desde outubro. En canto as idades o 20% tiñan entre 65 e 75 anos, o 53,33% entre 76 e 85 anos, e o 26,6% de 86 anos en adiante.

-Centro de Día de Antonio Gandoy: no ano 2007 cubríronse o total das 18 prazas ofertadas, este ano conta tamén con 18 usuarios. O 16,66% dos usuarios englóbase na franxa de idade entre 65 e 75 anos, o 61,11% entre 76 e 85 anos e o 27,77% 86 anos ou máis. O horario deste centro é de luns a venres de 9:00 horas a 19:00 horas, os sábados de 9:00 a 18:00 e dous domingos ao mes de 11:00 a 17:00 horas.

Ademáis o Concello de Lugo ten concertadas prazas cos centros de día privados, Arbite (15 prazas+1) e Sanyres (23 prazas).

A Concelleira tamén explicou que se as obras do Centro de Día de Fontiñas levan moi bo ritmo e que pronto se poderán ofertar as 40 prazas previstas.

Basadre indicou que “neste momento hay 36 persoas en lista de espera e 24 persoas que están en trámite. Afirmou que a lista de espera é fluctuante xa que hay moita movilidade entre os usuarios dos centros”.

Atención na zona rural
O Concello de Lugo está a rehabilitar, ademais, escolas rurais para a atención dos Servizos Sociais dentro da zona rural evitando que as persoas teñan que desprazarse aos Centros Sociais da cidade.

Os centros, como o de Coeses, o de San Xoan do Campo, de Santa María de Bóveda ou Calde, acollen unha variedade importante de funcións, como a formación e a atención ás persoas maiores, pero serven tamén como lugar de reunión para o ocio e o tempo libre dos cidadáns do medio rural, entre outras. O obxectivo é que poidan acoller actividades orientadas a todos os grupos de idade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova