O Concello de Lugo e Caixanova asinan un convenio de colaboración para ampliar os medios de pago
# Venres, 18/04/2008
Esto permitirá axilizar os trámites e facilitar as xestións dos contribuíntes lucenses
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Territorial de Caixanova A Coruña-Lugo, Luis Eugenio Vela, asinaron hoxe un convenio regulador da recadación de ingresos que permitirá a ampliación das entidades colaboradoras no pagamento de impostos municipais.
Deste xeito os veciños e veciñas de Lugo poderán efectuar os pagos dos tributos nalgunha das 9 oficinas que ten a entidade na cidade, ou a través da páxina web municipal e a da entidade financeira mediante unha pasarela de pago que comezará a funcionar en pouco tempo. Cúmprese así unha demanda que os veciños fixeron ao Concello e que permitirá unha maior facilidade nas súas xestións.
López Orozco suliñou que con este Convenio se axilizarán os pagos e se contribuirá a dar facilidades aos contribuíntes, que é o obxectivo do goberno local.
O Director territorial pola súa banda destacou a importancia do traballo en común: “da alianza sae o beneficio” que repercute en todos.
Compartir: