Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe a 50 cativos do Colexio Menéndez y Pelayo


# Luns, 21/04/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de 45 cativos de 4 anos, alumnos do Colexio lucense Menéndez y Pelayo.

Os rapaces visitaron por primeira vez a Casa do Concello acompañados dalgúns dos seus profesores e tamén dalgúns pais.

O Alcalde quixo saber o coñecemento que os rapaces tiñan sobre o traballo que se realiza dende o Concello. A construción de parques infantís, rúas ou a limpeza dos colexios foron algunhas das actuacións ás que se referiron.

López Orozco tamén quixo saber qué era o que os máis cativos fan polo Concello e pola cidade. Os cativos responderon que estudar e manter limpas as rúas.

Ao remate da recepción os alumnos recibiron uns agasallos do Concello.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova