Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Convocadas xa as 6 prazas para os postos de Persoal de Administración e Servizos da UNED


# Martes, 22/04/2008


O Padroado do Centro Asociacio da UNED en Lugo, na súa xuntanza do 17 de abril do 2008 resolveu convocar probas selectivas e períodos de formación para acceder a seis postos do plantel de persoal laboral, con suxeición ás Bases dispoñibles dende o martes 22 de abril no taboleiro do Centro Asociado (Rúa Cantigas e Frores, nº 31 en Lugo) e na páxina web: www.intecca.uned.es/redNoroeste.php

Lembrámosvos que os que o desexen poderán, a partir do martes 22 de abril, acceder a toda esta información.

Convócanse as seguintes prazas:

- Dúas prazas de xestor académico e de Formación Continua, Extensión universitaria e Desenvolvemento Cultural para as que se esixe unha titulación de F.P. grao medio ou equivalente.
- Unha praza de Xestor Tecnolóxico para a titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática.
- Unha praza de bibliotecario para un diplomado en Biblioteconomía e Documentación para a titulación de F.P. de grao superior ou equivalente.
- Unha de Xestor Económico e de Calidade e outra de Xestor Administrativo para a titulación de F.P. de grao superior ou equivalente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova