Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Sagrado Corazón terá un espazo de máis de 6.000 metros cadrados para o novo Centro de Saúde


# Luns, 21/04/2008
O Alcalde mantivo unha nova xuntanza de traballo cos responsables de Sanidade, SERGAS e Atención primaria

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza co Delegado de Sanidade en Lugo, Miguel Rodríguez Lois, o Director do SERGAS, José Luis Rodríguez, e a Directora de Atención primaria, María José Otero, para analizar as distintas alternativas para a construción dun novo Centro de Saúde no barrio do Sagrado Corazón.

Os responsables locais e autonómicos destacaron que son conscientes da necesidade deste novo centro para o que existe unha extrordinaria disposición e interese por parte de todas as partes implicadas.

O Delegado de Sanidade explicou que esta non era a primeira xuntanza mantida co mandatario lucense, que sempre compartiu esta necesidade para o Sagrado Corazón: “o Alcalde sempre foi moi claro sobre este tema, por iso estamos moi satisfeitos da predisposición que atopamos no Concello”.

López Orozco, pola súa banda, lembrou que no Plan Xeral aparecen xa 6.282 metros cadrados recollidos para a construción do novo Centro de Saúde. “Nesta zona, en Burozos, xa na aprobación inicial se reservou unha superficie para dotacións”. Unha vez aprobado o PXOM, o Concello terase que facer con estos terreos que inmediatamente serán postos a disposición da Consellería de Sanidade para que elabore o proxecto.

O Alcalde explicou que unha vez aprobado o documento urbanístico, comezarán as conversacións co propietario ou propietarios dos terreos, “a nosa intención é negociar esos terreos sen prexudicar nin o máis mínimo aos donos que verían respectados os seus dereitos”.

As posibilidades para que o Concello se faga cos terreos, son a expropiación, na que os responsables locais non pensan, e a cesión dos terreos a cambio dos aproveitamentos urbanísticos que lles correpondan aos donos. López Orozco explicou que “así foi como se fixo para a construción do Centro de San Roque. Primeiro estivo feito o Centro de Saúde estando outro Alcalde, e arredor de dez anos despois, sendo xa eu Alcalde, foi cando se desenvolveu a unidade de actuación”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova