Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 20 empresas lucenses elaborarán un plan de consolidación grazas ao Concello


# Martes, 22/04/2008
O obxectivo era proporcionar ás Pemes as ferramentas para revisar a súa situación de negocio

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregaron os diplomas as empresas participantes no programa de Consolidación empresarial organizado polo Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI).

No curso, que tivo lugar nas instalacións do CEI-NODUS dende o mes de decembro, participaron un total de 23 persoas de 17 empresas de moi diversos tipos: dende distribuidoras de bebidas, servizos informáticos, de prótesis dentales, empresas da construcción e agricultura ecolóxica.

O programa estaba dirixido a empresarios que desexaban replantearse a súa empresa para axustala ás novas necesidades do mercado e actualizar os seus coñecementos de xestión; en definitiva, que sentían a necesidade de involucrarse na formación contínua como medio de manter e mellorar a súa competencia profesional.

Segundo as empresas participantes cumpliron sobradamente o obxectivo do programa: proporcionar unha oportunidade ao empresario da pequena e mediana empresa de revisar a situación do seu negocio, partindo dun diagnóstico sistemático de cada unha das súas áreas funcionais, para poder reformular os seus obxectivos estratéxicos á vista da nova situación revelada polo análise das condicións do novo entorno (sector, competencia, novas tecnoloxías, variacións da demanda…).

Os resultados do curso foron tremendamente positivos segundo os empresarios, xa que non só recibiron formación senón que tamén realizaron unha consultoría de cada unha das áreas da súa empresa: recursos humanos, calidade, finanzas, sistemas informáticos, márqueting… Esta consultoría individualizada permitiu que se puidera emitir uns informes persoalizados dos negocios que se lles entregou a cada un dos participantes.

Estas nocións básicas permitirán aos empresarios elaborar un plan estratéxico de mellora introducindo os cambios que se revelen indispensables dentro das posibilidades razonables de cada unha das empresas. Ademais permitirán actualizar o coñecemento e mellorar as habilidades de dirección por parte do empresario e dos seus colaboradores máis directos en canto as posibilidades que brindan as modernas ferramentas de xestión ao alcance das PEMES.


Metodoloxía

O Programa articulouse en dous módulos:

A. MÓDULO DE ANÁLISE E DIAGNÓSTICO 256 horas

- Situación comercial da empresa

- As finanzas; evaluación e recomendacións

- Situación fiscal

- Recursos Humanos

- Calidade e loxística

- Módulo opcional, necesidades


B.MÓDULO DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉGICA 158 horas

- Total dirección e coordinación curso 86 horas

- Total horas curso 500 horas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova