Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo celebrará o Día Internacional da Danza con espectáculos en espazos non convencionais


# Xoves, 24/04/2008
As actuacións forman parte do proxecto Espazos que danzan que terá lugar do 26 ao 29 de abril en varias cidades de Galicia

A cidade de Lugo únese a Vigo e A Coruña no proxecto Espazos Que Danzan para a celebración do Día Internacional da Danza por iniciativa das productoras Experimentadanza y EscénaTe.

Espazos Que Danzan defínese como un festival de danza en espazos non convencionais entre os que se atopan a Prisión de Monterroso en Lugo, os escaparates duns grandes almacéns de A Coruña e Vigo, o Museo Provincial de Lugo, o Verbum de Vigo o a Galería de Arte Ana Vilaseco de A Coruña aos que llevarán as súas propostas coreográficas diferentes compañías de Galicia, Andalucía, Cuba e Brasil.

Segundo a directora artística do proxecto, Carlota Pérez, Espazos Que Danzan é un festival de danza no que se lle intenta dar importancia á integración do baile na sociedade e nos espazos arquitectónicos. A danza como oficio, como terapia, como modo de atoparse cun mesmo, como refuxio dos nosos fantasmas.

Con motivo da homenaxe o Día Internacional da Danza realizaremos nas tres cidades espectáculos de danza contemporánea, danza – teatro, danza e integración e teatro
físico.

Para Santiago Pérez, de EscénaTe, “Espazos Que Danzan é un proxecto que demostra como os espazos teñen a súa propia poética, que a súa vez pode servir de inspiración artística, neste caso para coreógrafos e bailaríns. Quixemos sacar a danza ás rúas e a lugares que quizáis poden pillar por sorpresa aos ciudadáns, como pode ser un museo, unha praza, uns escaparates, ou unha galería de arte. Tamén reforzamos o noso compromiso social levando a danza nuestro a un centro
cívico, unha residencia de maiores e un centro penitenciario”.
O sábado 26 de abril as actuacións de danza terán lugar en A Coruña. Lugo tomará el relevo a Espazos Que Danzan o domingo 27 ás 13:00 horas coa presentación na Praza de Santa María das coreografías de Amparo Novas, Leo Rodríguez e Carlota Pérez. Ás 18:00 horas serán os internos da Prisión de Monterroso os que poderán disfrutar das creacións de David Loira, Guillermo Weickert e Leo Rodríguez.

Finalmente, o día 29 de abril, coincidindo co Día Internacional da Danza, Vigo sumarase ás actividades das cidades que xa inaugurasen o festival durante a fin de semana. Será A Coruña a que abra a xornada no Centro Cívico do Castrillón coa coreografía de Leo Rodríguez e Carlota Pérez. Tomaralle o relevo Vigo ás 18:00 horas nos escaparates de El Corte Inglés, con propostas de danza integradas. Éstas darán paso, ás 19:00 horas, no Verbum Casa das Palabras de Vigo ás actuacións das compañías de Mita Beutel, Mudanza, Guillermo Weickert e Amparo Novas.

Lugo cerrará a xornada e, con ela, o festival Espazos Que Danzan. Será no Museo Provincial coas compañías Experimentadanza e David Loira.

Espazos Que Danzan realízase grazas ao patrocinio da a Concellalia de Cultura e Turismo de Lugo, a Fundación Caixa Galicia, Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Fergo Galicia S.A., o Museo Provincial de Lugo, o Verbum Casa das Palabras de Vigo, a Galería de Arte Ana Vilaseco, o Centro Cívico Castrillón de A Coruña, a Vicerrectoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural de Vigo e a colaboración da Prisión de Monterroso.

Manifiesto do Día Internacional da Danza
“Os gobernos, os patrocinadores, e os medios son o noso principal interese este ano. Os gobernos (nacionais, rexionais ou locais), os patrocinadores (privados ou públicos) e os medios (periódicos, revistas, radio, televisión) son os tres factores máis importantes que afectan a práctica da nosa arte. Os practicantes de danza loitan por achegarlles individualmente - con resultados pobres.

Propomos un mellor xeito: polas Seccións do CID, que representan todas formas do baile, todos os seus niveis, todas as súas funcións. Invito a todos bailaríns a afiliarse ao Consello Internacional da Danza e a formar Seccións do CID. Estas Seccións poderán xestionar os asuntos xerais que afectan á danza. A través deles, como corpos oficialmente recoñecidos, todos bailaríns poden asegurar mellores condicións para a práctica da súa arte. Estes poderán obter as regulacións apropiadas de gobernos, o apoio adecuado de patrocinadores e tamén a visibilidade satisfactoria nos medios.

Propomos substituír o illamento competitivo polo ben común. Cada un de nós estivo tratando de conseguir algúns logros, pero ao traballar xuntos aumentaremos o alcance destes. CID certamente non é un sindicato, pero as Seccións de CID poden actuar como grupos de presión a nivel nacional e local. Eles poden persuadir e a súa forza xorde do feito de representar o espectro enteiro da danza. Desde o contexto onde os bailaríns desenvolven a súa arte pódese convencer de que a danza é esencial para o benestar de cada sociedade”.
Prof. Alkis Raftis
Presidente del International Dance Council CID
UNESCO, París

Día Internacional de la Danza
O Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional de Teatro (ITIUNESCO) instituyó o Día Internacional da Danza en 1982. A data seleccionada foi o 29 de abril, día do nacemento de Jean Jacques Noverre, revolucionario coreógrafo francés (1727-1810). A intención do Día Internacional da Danza é reunir a todos os xéneros dancísticos para celebrar esta manifestación artística e a súa universalidade, remontando todas as barreiras e unindo ao mundo en aras da paz e a amizade cunha linguaxe común: a danza. A idea de conmemorar o Día Internacional da Danza foi acollida practicamente en todo o mundo e cada ano dase a coñecer nesa data unha mensaxe especial asinado por algunha personalidade de renome mundial na danza.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova