Cargando....
Concello de Lugo
06/12/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o XIII Gran Premio de Galicia de Promoción de Piragüismo


# Xoves, 24/04/2008
Sairá da zona dos Robles ás 17:00 horas o sábado 26 de abril

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Piragüismo, Tito Valledor, e o Diputado de Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, presentaron hoxe a Primeira competición do XIII Gran premio de Galicia de Promoción de Piragüismo que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de abril na cidade.

A proba, puntuable para a XXI Copa Xunta de Galicia de Piragüismo, sairá ás 17:00 horas da zona do río Miño na que se atopa a escola lucense de piragüismo.

As categorías participamtes serán:
- Infantiles A (nacidos no ano 1994)
- Infantiles B (nacidos no 1995)

Terán que realizar un percorrido de, aproximadamente, 3.000 metros.

Están inscritos para participar un total de 30 clubes de toda Galicia que suman 240 deportistas. Os equipos que participarán (por provinicas) son os seguintes:

LUGO ............... Club Deportivo San Ciprian y Club Fluvial de Lugo.

A CORUÑA ....... Club Piragüismo Rianxo, Club Nautico Firrete, Club Nautico Ria de Betanzos, Club Ribeiras do Tambre, Club Piragüismo Taxamar, Club Morcego y Club Nautico de Miño.

OURENSE ........ Club Fluvial de Allariz y Club Fontefria.


PONTEVEDRA ..... Nautico Cobres, Piragüismo Portonovo, Nautico O Muiño, Breogan de O Grove, As Torres-Romeria Vikinga, Nautico Pontecesures, Piragüismo Illa de Arousa, Club Kayak Tudense, Club de Mar Ria de Aldan, Club Piragüismo Poio-Alianza Española, Club Nautico Rodeira, Club Piragüismo Vilaboa, Club Liceo Casino de Villagarcia de Arosa, Club Naval de Pontevedra, Club Penedo de Caldelas, Club Rio Verdugo, Club Escuela Piragüismo Ciudad Pontevedra, Club Piragüismo Cambados y Club Kayak de Vigo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova