Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe a mozos e mozas participantes no programa Vivir Xuntos, Convivir


# Xoves, 24/04/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Concello a un grupo de estudantes de Vigo e Lugo que están a participar no programa Vivir Xuntos, Convivir.

Esta activiade se está a realizar en Lugo dende o ano 2005 como unha proposta da Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, para ofrecer á comunidade educativa unha serie de recursos orientados á mellora da convivencia en todos os ámbitos da sociedade. Trátase dunha proposta educativa que, partindo dunha redefinición do conflito, intenta difundir técnicas de solución de problemas baseadas nos principios da violencia, a tolerancia e o respeto mutuo.

O obxectivo é educar na tolerancia, na solidariedade e na solución pacífica de confitos, abordando os seus aspectos negativos para transformalos eliminando a violencia e destructividade que xeran normalmente. Trátase de converter as situacións conflitivas que se viven entre os rapaces en oportunidades de aprendizaxe e mellorar así o clima de traballo e a convivencia escolar para previr a violencia e eliminar o maltrato entre iguais.

O Alcalde animou aos rapaces a continuar participando en estas iniciativas para ser mellores cidadáns e acadar unha sociedade máis xusta.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova