Imprimir

A COMISIÓN DO RUEIRO LEVARÁ AO PLENO O NOMEAMENTO DE VARIAS RÚAS DA CIDADE


24/4/2008 O próximo luns haberá unha nova xuntanza para estudar o nome de 6 rúas máis

A Comisión do Rueiro, presidida polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, decidiu esta mañá levar ao Pleno do vindeiro 5 de maio as propostas de nome para 17 rúas da cidade. As propostas consensuadas por todos os membros da Comisión son as seguintes:

- Horta do Seminario
- Praza da Mina
- Praza aviador Parga Cerezo
- Praza do Camiño Primitivo
- Avenida de Abuín
- Rúa Fábrica de Abella
- Rúa Lorenzo Varela - Poeta
- Rúa Bispo Frei Xosé Gómez
- Rúa Eloi Maquieira -Arquitecto
- Rúa Alfredo Vila - Arquitecto
- Rúa Rvdo. Xosé Fernández Núñez
- Praza de San Xoán
- Rúa dos Torneiros
- Camiño da Agra Vella
- Rúa Agro Novo
- Rúa Piñeiral Grande
- Rúa Nemesio Cobreros -Arquitecto

O próximo luns, 28 de abril, a Comisión celebrará de novo xuntanza para estudar novas propostas para o nomeamento de seis rúas máis de diferentes zonas de Lugo. Completarase deste xeito o listado das 23 rúas sen nome que existen actualmente na cidade.

A Comisión do Rueiro está composta por membros dos diferentes partidos políticos, representantes da Federación de Veciños, o topógrafo municipal, técnicos municipais relacionados co rueiro e un historiador.