Imprimir

O AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE ACOLLE A REPRESENTACIÓN DE SALIR DEL ARMARIO


24/4/2008 Será mañá venres ás 20:30 horas

O Auditorio Gustavo Freire acolle mañá venres, 25 de abril, a partir das 20:30 horas, a obra Salir del armario dentro do programa cultural organizado pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.

A obra conta a historia de Piñón, un home gris e afable que traballa nunha fábrica de preservativos e que un día descubre que vai ser despedido. A súa salvación laboraL chegará grazas ao seu novo veciño que lle aconsella facerse pasar por homosexual e denunciar á empresa por discriminación sexual, no caso de que o despido chegue a facerse efectivo.

Trátase dunha divertida comedia onde os malentendidos e descalabros máis disparatados formarán parte da vida do protagonista.

A adaptación da obra de Francis Veber ven da man de Juan josé Arteche e dirixida por José Luis Sáiz. Do seu reparto destaca o seu protagonista, José Luis Gil, famoso pola súa interpretación de Juan Cuesta na serie televisiva Aquí no hay quien viva e que actualmente protagoniza La que se avecina.