Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Espectáculo internacional Los Chicos del Coro chegará a Lugo no mes de maio


# Domingo, 27/04/2008
As entradas xa están á venda na web de Caixanova

Dentro da xira que o espectáculo musical Los Chicos del Coro-Les Choristes realizará próximamente por diferentes cidades de Galicia, actuarán no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 25 de maio ás 20:30 horas.

O Concello de Lugo continúa así colaborando coa producción privada na programación cultural da cidade ao poñer o Auditorio á súa disposición.

O musical está protagonizado pola Coral Saint Marc de Lyon e a imaxe do espectáculo é a da película de 2004 co guión e dirección de Chistophe Barratier, nominada ao Oscar de mellor película extranxeira no 2005.

A Coral de Saint Marc. Lles Choristes
Fundado en 1986, este conxunto mixto esta composto por preto de 55 nenos e nenas de 10 a 15 anos, totalmente escolarizados no centro San Marcos de Lyon.

Ao terminar a súa participación por idade no coro, os nenos poden pasar a integrar o Conxunto Vocal Sequentia tamén dirixido por Nicolás Porte.

Os pequenos cantantes de San Marco forman parte da Federación Francesa e Internacional de Pequenos Cantores.

Creado en 1986 por Nicolás Porte, este coro de nenos, Mestría da Capela da Basílica de Fourvière de Lyon desde 1993, onde participa nos oficios e as grandes festas relixiosas da mesma e é considerado como un dos mellores coros de pequenos cantores de europa.

Logo de 1 millón e medio de álbums vendidos e unha xira triunfal no mundo enteiro, a aventura continúa para as voces dos coristas. O seu repertorio dá preferencia á música sacra, do gregoriano ata o Século XX; un lugar importante resérvase tamén á música contemporánea (Poulenc, Duruflué, Caplet ou Britten, entre outros).

O coro publicou de forma individual seis discos, que xunto o comercializado coa banda sonora da película Los Chicos del Coro convértena nunha das corais de pequenos cantores con mellor e mais ampla discografía con máis dun millón de exemplares vendidos dos seus discos.

As localidades xa están á venda a través da páxina web de Caixanova:

- Zona A (406 localidades)...30 euros
- Zona B (296 localidades)...25 euros
- Zona C (148 localidades)...20 euros


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova