Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre ao público un novo punto xuvenil na praza de O Castiñeiro


# Venres, 25/04/2008
Abrirá de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas

A Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, celebrou hoxe a festa de inauguración dun novo Punto de Xuvenil que o Concello de Lugo ofrece aos mozos e mozas da cidade na Praza de O Castiñeiro.

O centro estará aberto de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas. Nos meses de verán extenderase o horario ás fines de semana para realizar diferentes actividades.

Un dos seus obxectivos é traballar na rúa cos rapaces e rapazas deste barrio que deixaron os estudos e que está sen ocupación, buscar as súas motivacións para guiarlles na búsqueda de emprego ou orientarlles na súa formación.

A festa de inauguración contou con diferentes actividades grupais cun marcado carácter intercultural nas que participaron todos os asistentes: obradoiros de pulseiras, creacións pictóricas, malabares, fútbol pluma, karaoke, música, indiaka, tatuaxes de henna…

Coa apertura deste espazo, o Concello áchegase aún máis aos mozos e mozas da cidade, proporcionándolles en diferentes zonas da cidade centros aos que acudir para que se escoiten as súas suxestións e necesidades. Ainda que o centro está, en principio, destinado a persoas entre 13 e 30 anos, estará aberta a todos os cidadáns para ofrecer información sobre os servizos que ofrece o Concello.

Convértese así nun punto de referencia para obter toda a información relativa a axudas, oferta cultural, educativa, deportiva, laboral, etc.

O punto xuvenil está subvencionado polos bens decomisados do Plan nacional de Drogas, a través do Servizo de Drogodependencias do Concello de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova